jueves, 22 de marzo de 2012

Ata que non poida mais.

Sí, eu son a que se equivoca todos os días, a que precisa chorar e gritar cando ten un mal día, a que lle volve tola rir ata chorar coas súas amigas, a que canta e baila, a que a veces salta pola rúa sen pensar en ninguén . Son a que daría absolutamente todo pola xente que quere,son a que lle afecta todo demasiado. Sí, pode que non sexa a persoa mais forte, mais valente, mais decidida. Pode que me equivoque moitas veces, demasiadas quizais… Pode que me de conta de que é o que quero cando xa non o teño, que a miña lista de caprichos sexa larguísima, que as miñas paranoias aumenten cada vez mais, tamén, que os malos momentos sexan moitos, anque os bos os superen. Pode que complique o fácil, pode que tropece cen mil veces na mesma pedra, pode que me caia, pero tamén sei que me volverei a erguer.
Sei que non hai mounstruos no armario, nin os reis magos te vixian para ver todo o malo que fas. Que os malos non son moi malos e que os bos non son tan bos. Creeme, aprendín que os bicos a escondidas saben mellor. Que un baño de auga fría as veces senta mellor que un baño de auga quente. Que o mundo está plagado de persoas agradables e a vez de persoas que non merecen ser chamadas persoas. Agora sei, que non hai calcetíns para o pé esquerdo, nin para o pé dereito. Que as medias se rompen moi fácilmente e que o pintalabios vermello non se borra das camisas brancas. E o mais importante, é que sei que sempre vos terei ahí.


Teño ganas de...
Rirme a carcajadas sen ter motivo , de ir pola rúa sorrindo mentras recordo bos momentos , de cantar baixo a chuvia e correr sen rumbo, teño ganas de bicar sen medo e cometer loucuras para logo arrepentirme, teño ganas de bailar coa fregona imaxinándome que é un príncipe azul, teño ganas de soñar , ganas de sentirme a persoa mais feliz do mundo, teño ganas de ti.
Vos estades feitos para beberse a vida ata o fondo da copa.
Prometo estar aí en cada caída, para caer convosco e levantarnos xuntos ; prometo pensar en vós e lembrarvos ata cando menos vos vexa ; prometo que seredes para min unha parte esencial. Prométovos un SI que non remate xamais. Un SEMPRE. Non teño mais que dicirvos, que gracias por ser quen sodes na miña vida e por cruzarvos nela facendo que vos precise cada día mais. Quérovos, moitísimo.  Gracias Claudia, Belén, Paula, Patricia, Borja Carreta e Borja Fernández.

 

1 comentario: