jueves, 22 de noviembre de 2012

¿Sabes que me gustaría facer oxe? Quixera tocar a lúa cos dedos, estar en dous sitios á vez, ou incluso tres, pelizcar os cristais, lanzar cubos de auga contra o sol, saltar de nube en nube, cantar en Marte ou bailar sobre os aros de Saturno, ir ata o fin do mundo. Oxe estou disposta a facer o imposible por ser feliz. Tragarei as miñas lágrimas por saladas que sean, pintareime un sorriso na cara si fai falta, e ante todo, levareite conmigo. ¿E si nos caemos? Levantámonos, ¿E si nos perdemos? Guiarémonos, pero o que conta, ao fin e ao cabo, é que estaremos xuntos, por sempre. E chegaremos ata ese maravilloso lugar, do que todos falan, pero nadie coñece.♥

2 comentarios: