lunes, 4 de marzo de 2013

Pequenas dosis de felicidade.

Porque  non todo van ser desgracias, corrupción ou desemprego, porque a vida tamén se nutre de pequenas cousas que nos fan sorrir, porque somos un pobo optimista que non se achanta, porque saímos á rúa aínda que chova e porque preferimos gañar con verbas antes que con armas... Por iso estamos a preparar unha sociedade na que todos seremos protagonistas, na que ti e a túa historia feliz seredes quen de contaxiar os demais un chisquiño de ledicia que lles faga esquecer , aínda que só sexa por un intre, o desacougo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario